Miro Villar

 


Foi nas Illas Lobeiras co mar por testemuña
do amor louco no entorno dun mínimo deserto
que escoitamos na noite cantos de desconcerto
a ecoar lonxe na serra, nos penedos da Ruña.

E fumos temerosos dun medo que rabuña
interrompendo os beixos coa dúbida do incerto
de coñecer se a lenda puidese ter de certo
que os lobos descenderan como a xente supuña.

E na nosa incerteza non tivemos de conta
da fronteira das augas para coutar o medo
protexidos por ondas e cons de afiado gume.

Mais a nosa cegueira mudou logo en luz pronta
descubrindo que os urros proviñan do rochedo
no que faro Cee ronxe para as naos dende o cume.

***

Fue en Islas Lobeiras con el mar por testigo
del amor loco, cerca de un mínimo desierto,
que escuchamos de noche cantos de desconcierto,
haciendo eco en la sierra de Ruña aquel ruido.

Y fuimos temerosos de un miedo sarpullido
interrumpiendo besos con dudas de lo incierto
de saber qué en la fábula pudiera haber de cierto
que los lobos bajaron como se había dicho.

Y en nuestra incertidumbre no tuvimos en cuenta
la frontera del agua para acotar el miedo,
protegidos por olas y rocas afiladas.

Pero nuestra ceguera se transformó en luz presta
descubriendo el bramido que origina el roquedo
donde faro Cee ruge desde las tierras altas.


(Del libro Ausencias Pretéritas, 1992)

____________________________


H

Nadie me salvará de este naufragio
si no es tu amor, la tabla que procuro,
si no es tu voz, el norte que pretendo.
Miguel Hernández

IX

o mar, ben coñecido, non oculta segredos
na costa da muxía, despido polos brazos
de occidentais paisaxes lambe as súas contornas
ata bater coa lingua na erosión máis profunda,
mentres ollos pechados son martiños peixeiros.

o mar esperta cedo, debruzando nas rochas,
e un brazo tumultuoso penetra ben adentro
na esvaradiza furna da buserana, labios
pedregosos reciben o contacto salobre
das lúbricas areas como carnes abertas.

o mar desvergoñado rebenta en escabrosas
acometidas, ondas máis doridas salpican
as íntimas paredes con escorregadizos
aceites e na furna sonidos interiores
procuran a mestura cos xemidos das augas.

o mar decrece lento na breve retirada
da baixamar, en horas futuras novos azos
serán agradecidos pola furna con voces
de azucre e de melindres, namentres senllos corpos
dormen amalgamados e o amor se reinventa.

o mar, este mar mesmo, testemuña naufraxios
e ten na pel escritas enigmáticas lendas
ou certos episodios, fala dunha doncela
morta de amor, dun vate que mataron por ela.
como tamén son bardo pregunto o meu destino.

***

H

Nadie me salvará de este naufragio
si no es tu amor, la tabla que procuro,
si no es tu voz, el norte que pretendo.
Miguel Hernández

IX

el mar, bien conocido, no oculta los secretos
en la costa muxiana, desnudo por los brazos
de occidental paisaje relame sus contornos
hasta dar con la lengua en su erosión más honda,
mientras ojos cerrados son martín pescadores.

el mar despierta pronto, asomando en las rocas,
y un brazo tumultuoso penetra bien adentro
en la aceitosa furna da buserana, labios
pedregosos reciben el contacto salobre
de lúbricas arenas como carnes abiertas.

el mar desvergonzado revienta en escabrosas
acometidas, olas doloridas salpican
las íntimas paredes con sus resbaladizos
aceites y en la gruta sonidos interiores
persiguen la mixtura con el gemir del agua.

el mar decrece lento, con el breve repliegue
de la bajamar, ánimos nuevos en el futuro
serán agradecidos por la gruta con voces
de azúcar y melindres, mientras que sendos cuerpos
duermen amalgamados y el amor se reinventa.

el mar, este mar digo, testigo es de naufragios,
tiene en su piel escritas leyendas enigmáticas
o ciertos episodios, habla de una doncella
muerta de amor, de un vate que mataron por ella.
como también soy bardo pregunto mi destino.

(Del libro Abecedario da desolación, 1997)

____________________________


ADÁN DESEXA MORRER NO PARAÍSO DE EVA

Na laranxa que filtran os teus brazos
cando me fas entrar no teu dominio,
nos peros onde enauga o meu designio
oculto como o mar e os seus argazos,

nas mazás do pecado, nos abrazos,
degoiro ser Adán, sen raciocinio,
no pexego zugado en condominio,
desexo ata morrer coma pedrazos,

no líquido azucrado que me dás,
que bebo pouco a pouco, con agrado
pois acórdame o odor dunha begonia,

na laranxa, nos peros, nas mazás,
no pexego e no líquido azucrado
degoiro o teu sabor de macedonia.

***

ADÁN DESEA MORIR EN EL PARAÍSO DE EVA

En la naranja que filtran tus brazos
cuando me haces entrar en tu dominio,
en las peras donde agua mi designio
oculto como el mar y sus sargazos,

en manzanas del mal, en los abrazos,
anhelo ser Adán, sin raciocinio,
en la fruta sorbida en condominio,
quiero morir, hacerme mil pedazos,

en el líquido azúcar que me emanas,
que bebo poco a poco, con agrado
pues me recuerda el olor a begonia,

en las naranjas, peras y manzanas,
en la fruta y el líquido endulzado
anhelo tu sabor de macedonia.

____________________________


Os meus zapatos

Aqueles meus zapatos que noutrora
foran lustrosos, húmidos un día
de tanto andaren sós, sen alegría,
amolecendo bóchegas cadora,

aqueles meus zapatos, na aurora
mollados de amargor, da dor máis fría,
e gastados de insán melancolía,
xa son zapatos novos arestora,

deron en recobrar o brillo antigo
ao queceren no lume permanente
das mans pequenas, fráxiles, inmensas,

poderosas no amor, no seu abrigo,
aqueles meus zapatos, de repente,
descubriron as cousas más intensas.

***

Mis zapatos

Mis zapatos, aquellos que en otra hora
fueron lustrosos, húmedos un día
de tanto andar solos, sin alegría,
reblandeciendo ampollas a cada hora,

mis zapatos, aquellos en la aurora
mojados de amargor, de pena fría,
viejos de enfermedad melancolía,
ya son zapatos nuevos en esta hora,

pudieron recobrar el brillo antiguo
al calentarse al fuego permanente
de manos breves, frágiles, inmensas,

poderosas de amor y de su abrigo,
aquellos, mis zapatos, de repente,
descubrieron las cosas más intensas.

____________________________


NEGACIÓN DE ULISES E TESEO

Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Penélope que tece
e destece os bordados axiña que anoitece.
Ulises non existe, foi verso fuxidío.

Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Ariadna que ofrece
saír do labirinto mortal a quen a esquece.
Teseo non existe, só queda o desafío.

Se algunha vez eu debo partir como Odiseo
prefiro voltar sempre vencido a Compostela.
Non me importa a derrota se ti me identificas.

Se algunha vez eu debo marchar como Teseo
non ha ser Artemisa fluxo do meu Sarela.
Non me importa ser lama se ti me purificas.

***

NEGACIÓN DE ULISES Y TESEO

Si alguna vez tuvieses que esperar por mi entre hilo
y tejidos, no seas Penélope que teje
y desteje bordados enseguida anochece.
Ulises ya no existe, fue un verso fugitivo.

Si alguna vez tuvieses que esperar por mi entre hilo
y tejidos, no seas Ariadna que ofrece
salir del laberinto mortal a quien la deje.
Teseo ya no existe, queda su desafío.

Si alguna vez yo debo partir como Odiseo
prefiero volver siempre vencido a Compostela.
No importa mi derrota si tu me identificas.

Si alguna vez yo debo marchar como Teseo
no será Artemisa flujo de mi Sarela.
No me importa ser lodo si tu me purificas.

(Del libro Equinoccio da primavera, 1998)

____________________________

“DIONI”
En cada mariñeiro dorme un ser mitolóxico,
con dous potentes brazos que nas extremidades
se bifurcan en oito tentáculos ventosas,
e cando no horizonte venta a voz do perigo
espertan oito brazos a apegarse na vida.

“CHE”
No deserto que somos calquera pescador
é home que multiplica peixe e pan para os seus,
en completo silencio reinventa o evanxeo
segundo San Mateo. Nunca haberá cronistas
para daren noticia do cotián milagre.

“QUINÓN”
As nubes da incerteza ferintes coma o sol,
sempre sodes Ulises, hai sempre unha Penélope
que agarda con tecidos. E Ítaca está distante
mesmo que fose a penas unha marea de horas,
e Ítaca está distante mesmo que sempre volvas.

***

“DIONI”
En cada pescador duerme un ser mitológico,
con dos potentes brazos que en sus extremidades
se bifurcan en ocho tentáculos ventosas,
y si en el horizonte se presagia el peligro
despiertan ocho brazos para abrazar la vida.

“CHE”
En el yermo que somos cualquier pescador
multiplica los peces y el pan para los suyos,
en completo silencio reinventa el evangelio
en voz de San Mateo. Y nunca habrá cronistas
para dar la noticia del milagro diario.

“QUINÓN”
Las nubes de la duda hirientes como el sol,
siempre sois Ulises, hay siempre una Penélope
que espera con tejidos. E Ítaca está distante
aunque fuese sólo una marea de horas,
e Ítaca está distante aunque siempre vuelvas.


(Del libro Gameleiros, 2002)


Miro Villar (Cee-A Coruña, 1965), poeta y narrador, licenciado en Filoloxía Galega, colabora como crítico literario en diversas revistas. Miembro del Batallón Literario da Costa da Morte, del Comité de Redacción de la revista Dorna y del Consejo Editorial de la colección de poesía “Ablativo Absoluto” de Edicións Xerais de Galicia. Autor de varios estudios sobre la obra poética de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón, Antón Zapata García, Celso Emilio Ferreiro o Alexandre Cribeiro, entre otros.
Como narrador, en 1985 y 1987 recibió el premio de relatos breves Modesto R. Figueiredo por Augas de silencio y Verbas cruzadas con Amaranta.
Su poesía fue incluída en las antologías Para saír do século (Xerais, Vigo, 1997) y A tribo das baleas (Xerais, Vigo, 2001) que reunen a poetas gallegos de los años noventa. Ha publicado Ausencias pretéritas (Espiral Maior, A Coruña, 1992), 42 décimas de febre (Toxosoutos, Muros-A Coruña, 1994), Abecedario da desolación (Espiral Maior, A Coruña, 1997; premio Tivoli-Europa 1998), Equinoccio de primavera (Colección Esquío, Ferrol, 1998) y Gameleiros (Edicións Xerais, Vigo, 2002)


biografía y fotos: http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ArxVilla&alias=Miro+Villar&solapa=biografia

 



Suscríbete a Enfocarte.com y recibe las actualizaciones en tu e-mail


:: Opina sobre esta nota en los nuevos Foros de ENFOCARTE ::


| Sumario | Editorial | Plástica | Collage | Pintura | Galería | Escultura | Fotografía I | Fotografía II | Desnudos | Galería Fotográfica I | Galería Fotográfica II | Literatura | Las 1001 noches | Destacado | Ensayo | Literatura II | Cuento I | Cuento II | Novela | Poesía I | Poesía II | Poesía III | Poesía IV | Poesía V | Poesía VI | Poesía VII | Poesía VIII | Filosofía I | Filosofía II | Pensamiento I | Pensamiento II | Cine I | Cine II | Cine III | Teatro I | Teatro II | Música |

| ANTOLOGIA DE JOVEN POESIA GALLEGA |


| Home| Staff | Colaboraciones | Directorio| Archivo | Buscador | Poesía semanal |
| Concursos |


Google
  Web www.enfocarte.com

 

Copyright © 2000-2007 Enfocarte.com /fvp.
Prohibida la reproducción de cualquier parte de este sitio web sin permiso del editor. Todos los derechos reservados.